Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2001, tomou coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Pastoriza. De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ábrese un prazo de información pública dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio nun dos xornais de maior circulación na provincia, no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que durante o referido prazo as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

A Pastoriza, 13 de marzo de 2001.

José Yáñez García

Alcalde