Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por José González Cebrián Tello.

Así mesmo, faise consta-la suspensión do outorgamento de licencia naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento con novas determinacións que supoñan modificación do réxime urbanístico vixente; a suspensión terá unha duración máxima dun ano.

De acordo co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP, para que os interesados poidan formula-las alegacións que consideren pertinentes. O prazo de exposición comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O expediente e demais documentación quedan de manifesto na dependencia de Servicios Externos do Concello de Narón, sita na estrada de Cedeira, km 1, en horario das 10.30 ás 13.30 e das 16.30 ás 18.30.

Narón, 6 de marzo de 2001.

Xoán Gato Díaz

Alcalde