Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Alonarti Envases, S.A.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Alonarti Envases, S.A., con nº de código 3602992, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-2-2001, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 24-1-2001. De conformidade co disposto no artigo 7 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de reunión da representación social

e patronal de Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo)

Acta nº 1/2001

Asistentes:

Empresa:

Javier Freitas

Juan Ferradáns

Traballadores:

Alberto González Docampo

José Vila Lamas

Antonio Rodríguez Crespo

Celestino Suárez Vallina

Dolores Miguéns Castro

En Vigo, ás 12 horas do 24 de xaneiro de 2001, reúnense a representación da empresa citada co comité de Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo), coa asistencia que á marxe se cita, e a seguinte orde do día:

1. Revisión salarial para o ano 2001.

2. Rogos e preguntas.

Intervén en primeiro lugar a representación empresarial, para manifestar que a inflación prevista polo Goberno para o ano 2001 é do 2%, polo que procede realizar unha revisión do 2,5% sobre as táboas salariais con efectos do 1 de xaneiro do presente ano, segundo o pactado no convenio colectivo.

Os novos valores son os que figuran nas táboas anexas.

Revísanse tamén os seguintes complementos:

Novo valor

efectos xaneiro 2001

Artigo 6º.-J. nocturna-complementos2.960 ptas. e 2.681 ptas.

Artigo 12º.-H. extras-complementos475 ptas. e 1.898 ptas.

Artigo 19º.-A. escolar2.943 ptas.

Artigo 20º.-A. minusvalidez20.676 ptas.

Revisarase na mesma porcentaxe do 2,5% o complemento de transporte. Fíxase a revisión salarial para o ano 2001 nas mesmas condicións do ano anterior e coa porcentaxe do 1,9%.

Vistas as táboas e os valores de complementos, son aprobados por ámbalas partes, comezando a súa aplicación neste mes de xaneiro de 2001 e remitíndose copia á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o seu rexistro, finalizando a reunión sen máis asuntos que tratar.

Levántase a sesión ás 13 horas da data indicada no encabezamento.

Representación empresarial:

Javier Freitas

Juan Ferradáns

Representación de traballadores:

José Vila

Alberto González