Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO de concurso para a contratación, por concurso aberto, dos traballos de consultoría e asistencia para a redacción do PXOM.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vedra.

b) Depedencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

Estes traballos realizaranse seguindo as directrices establecidas nos correspondentes pregos de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: punto 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total IVE incluído: 12.729.248 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 254.585 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vedra.

b) Domicilio: avda. M. M. Gómez Lorenzo, 1.

c) Localidade: 15885 Vedra.

d) Teléfono: 981 81 46 12.

e) Fax: 981 50 33 31.

f) Data límite da obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados desde a publicación do anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro do concello.

9. Apertura de ofertas.

Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás se coincide en sábado, que se traslada ó día seguinte hábil), ás 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó establecido no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vedra, 14 de febreiro de 2001.

Odón C. Cobas García

Alcalde