Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-336).

Por resolución nº 970/01 do 1 de marzo de 2001, acordouse aproba-lo texto refundido de data 2-2-2001 do proxecto de reparcelación do polígono 2 do P.P. As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns, e iniciar un período de exposición ó público de quince días, nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, a través de anuncios no DOG e prensa (que computará desde a derradeira publicación), para tódolos interesados que desexen presentar alegacións que só deberán versar sobre as atribucións de beneficios e cargas pero non sobre a superficie achegada.

Oleiros, 5 de marzo de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta