Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 31-1-2001, o proxecto de modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do sector de SUNP IN-F, (ampliación do Ceao), do PXOU vixente, solicitado por Xestión Urbanística de Lugo, S.A.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 12 de febreiro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Xosé C. López Orozco

Alcalde