1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización dunha campaña informativa do Plan Galego de Prevención de Riscos Laborais para o sector pesqueiro.
b) Ámbito de realización da campaña: toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Prazo de execución: a campaña, en canto ó prazo, deberá realizarse conforme o establecido no punto 3 do prego de prescricións técnicas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 15.000.000 de ptas., IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: dispensada.
b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfonos: 981 54 47 71/54 45 17.
e) Telefax: 981 54 46 96.
f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9.30 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais