Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 16-6-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Coto da Cruz, número 2473.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 16-6-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Coto da Cruz, nº 2473,

sita en terreos dos termos municipais de Ponteareas e Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra, promovido por Cabaleiro Nogueira, S.L.

A mencionada declaración refírense, en exclusiva, a unha superficie de 12,61 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 11 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 07' 40'', 42º 08' 40'' norte, e polos meridianos 8º 32' 20'', 8º 33' 40'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Coto da Cruz nº 2473; encóntrase á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra