Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 15 de marzo de 2001 pola que se modifica a do 29 de decembro de 2000 pola que se regula a solicitude única, no ano 2001, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras.

A orde desta consellería, do 29 de decembro de 2000 (DOG nº 10, do 15 de xaneiro) regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión das axudas incluídas na solicitude única de superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, con base na regulamentación comunitaria aplicable ás ditas axudas e nos reais decretos 1893/1999, do 10 de decembro, e 1973/1999, do 23 de decembro.

O Real decreto 87/2000, do 2 de febreiro, modificou o citado Real decreto 1973/1999, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería, introducindo algunhas modificacións no réxime das primas por sacrificio de bovinos, prevista no artigo 11 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, do 17 de maio, como a previsión de que os animais sacrificados teñen que constar na base de datos do sistema de identificación e rexistro de bovinos, o máis tarde o 28 de febreiro do ano seguinte ó do sacrificio; previsión que se introduce coa presente orde.

Por outra banda, o artigo 11.4º da Orde do 29 de decembro de 2000, en relación coa axuda por superficies, admite as novas referencias identificativas alfanuméricas contidas nos plans oficiais de concentración parcelaria, en tanto non se dispoña de novos datos de catastro, en zonas onde se está

executando a concentración parcelaria ou se procedera á reordenación da propiedade, que non dispoñen do catastro renovado. Estas zonas constan indicadas no anexo 10 da orde, ás que se engaden as que se sinalan na presente orde.

Así mesmo, cómpre modificar determinadas indicacións que constan no anexo 19 da devandita orde, en relación coas zonas desfavorecidas nesta Comunidade Autónoma.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Artigo único.-Na Orde do 29 de decembro de 2000, pola que se regula a solicitude única, no ano 2001, de axudas a superficies animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, fanse as seguintes modificacións:

1. Engádese un punto 4 ó seu artigo 24º (proba de sacrificio) co texto seguinte:

«4. Sen prexuízo dos prazos de comunicación das baixas de animais establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, e para os efectos de que o Ilgga poida efectua-las comprobacións previas ó pagamento da prima por sacrificio, tódolos animais sacrificados durante o ano 2001 deberán constar no servidor central da base de datos do sistema de identificación e rexistro dos bovinos, a mais tardar, o 28 de febreiro do ano 2002».

2. Engádense ó anexo 10, relativo ás zonas de concentración parcelaria nas que se admiten as referencias identificativas correspondentes a planos de concentración, as seguintes zonas:

CódigoProvinciaConcelloCódigo

zona

Nome da zona de

concentración

27Lugo30Mondoñedo2Lindín

27Lugo30Mondoñedo3Santa María Maior

32Ourense5Baltar1Garabelo do Bouzo

32Ourense5Baltar2Boullosa

3. No anexo 19, zonas desfavorecidas na Comunidade Autónoma de Galicia, suprímese, na relación de municipios da provincia da Coruña, a liña nº 12 (1501043 Malpica de Bergantiños) e engádese, na relación da provincia de Pontevedra, unha nova liña co código: 3604014 e municipio: Crecente.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria