Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

En sesión extraordinaria con data do 9-2-2001, o Pleno acordou o seguinte:

3º Aprobación definitiva do estudio de detalle e urbanización da vía PO-400, rúa Miguel Dávila, 1ª transversal rúa Antonia Tovar.

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle, redactado polo arquitecto municipal Teodoro de Francisco Antes, da vía PO-400, rúa Miguel Dávila, 1ª transversal rúa Antonia Tovar e rúa en proxecto.

Segundo.-Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia que se lles notifique ós interesados co sinalamento dos recursos procedentes.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificació ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Arbo, 14 de febreiro de 2001.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde