Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación dos expedientes 12 e 14/2001.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, de 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, de 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación, estrada de San Pedro, s/n, E-15405 Ferrol (A Coruña).

Teléfono: 981 33 45 14. Telefax 981 33 40 84.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público.

b) Forma de contrato: procedemento aberto, tramitación ordinaria.

3. a) Lugar da execución: C.H. A. Marcide-P. Novoa Santos.

b)Obxeto do contrato, número CPA: CPV:

Expediente: C.P. 12/2001. (Subministracións sucesivas).

Título: marcapasos e complementos.

Importe total: 151.483.000 ESP/910.431,17 EUR (IVE incluído).

Expediente: C.P. 14/2001. (Subministracións sucesivas).

Título: prótese traumatoloxía e complementos.

Importe total: 128.283.590 ESP/770.999,90 EUR (IVE incluído).

4. Prazo máximo de terminación ou duración do contrato, de inicio ou de entrega: segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Solicitude da documentación: véxase o punto 1. Unidade de contratación.

b)Data límite de solicitude: 11 de abril de 2001.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: (14 horas), do día 20 de abril de 2001.

b) Enderezo: véxase o punto 1, Rexistro Xeral.

c) Idiomas: castelán e galego.

7. a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: (10 horas). Véxase o punto 1, sala de xuntas, do día 2 de maio de 2001.

8. Fianzas e garantías: fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

9. Modalidades de financiación e pagamento: mediante pagamentos parciales, segundo as entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas e facturadas.

10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artígo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no número 13 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información adicional: véxase o punto 1.

16. Data de publicación do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 27 de febreiro de 2001.

18. Data de recepción do anuncio:

Ferrol, 20 de febreiro de 2001.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol