Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do servicio de limpeza.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguinte procedemento aberto 3/2001.

Obxecto: servicio de limpeza do Hospital Nicolás Peña.

Orzamento: sesenta e cinco millóns de pesetas (65.000.000 de pesetas, 390.657,86 euros), anuais, IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: o contrato comezará a rexer a partir da súa sinatura.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, xurídica e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición

dos interesados no servicio de subministracións do Hospital Nicolás Peña, situado na avda. das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 horas ás 14 horas.

Presentación de ofertas: as ofertas deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Data límite de presentación de ofertas: 52 días contados desde a data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións das Comunidades Europeas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas, en caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Data do envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 26 de febreiro de 2001.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente procedemento será por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de febreiro de 2001.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo