Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de febreiro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/000516-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000516-1.

Denunciado: José Antonio Barros Martínez.

DNI: 32.802.474-N.

Enderezo: r/ Alfredo Tella, 11-baixo, A Coruña.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000695-1.

Denunciado: José Castro Carril.

DNI: 32.541.451-Q.

Enderezo: r/ A Fábrica, 6-1º, Carballo.

A Coruña, 7 de febreiro de 2001.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora