Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: instalación e posta en marcha dunha fábrica de xeo no porto pesqueiro de Portonovo (Pontevedra).

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: empresa Toubes y Sevio, S.L. Socivi.

Importe: 15.000.000 de ptas. (quince millóns de pesetas).

Obxecto: modernización da fábrica de xeo do porto de Celeiro (Lugo).

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: empresa Cofrico.

Importe: 14.950.531 ptas. (catorce millóns novecentas cincuenta mil cincocentas trinta e unha pesetas).

Obxecto: instalación e posta en marcha dun distribuidor de gasóleo no porto pesqueiro de Lira (A Coruña).

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: Oys Noroeste, S.L.

Importe: 10.779.000 ptas. (dez millóns setecentas setenta e nove mil pesetas).

Obxecto: subministración de carretas elevadoras para os portos pesqueiros.

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: Gallega de Automoción, S.L. Galman.

Importe: 21.112.000 ptas. (vinteún millóns cento doce mil pesetas).

Obxecto: subministración de carretas elevadoras para portos pesqueiros.

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: Gallega de Automoción, S.L. Galman.

Importe: 16.936.000 ptas. (dezaseis millóns novecentas trinta e seis mil pesetas).

Obxecto: subministración dun guindastre pórtico automotor-travelling.

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: Industrias Electromecánicas G.H., S.A.

Importe: 48.900.000 ptas. (corenta e oito millóns novecentas mil pesetas).

Obxecto: modernización das instalacións frigoríficas no porto pesqueiro de Portosín (A Coruña).

Procedemento: concurso aberto.

Adxudicación: Cofrico, S.L.

Importe: 12.750.000 ptas. (doce millóns setecentas cincuenta mil pesetas).

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura