Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001 pola que se anuncian varios concursos para a contratación de diversos servicios.

Obxecto e tipo de licitación:

1º Contratación do servicio de limpeza das instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Tipo de licitación: 62.500.000 ptas. anuais (IVE incluído), que se ratearán por mensualidades.

2º Contratación do servicio de seguridade e vixilancia das instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Tipo de licitación: 5.537.900 ptas. anuais (IVE incluído), a razón de 1.975 ptas./hora.

3º Contratación do servicio de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Tipo de licitación: 45.000.000 de ptas. anuais (IVE incluído), que se ratearán por mensualidades.

4º Contratación do servicio de limpeza das dependencias do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Tipo de licitación: 17.000.000 de ptas. anuais (IVE incluído), que se ratearán por mensualidades.

As características peculiares e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que se atopa no servicio de contratación da deputación.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% do orzamento de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: servicio de contratación da deputación, tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 8 de marzo de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado