1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:
Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.
Características técnicas principais:
-Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Adai-Vilaceleiro e remate no C.T. proxectado de Neda de 869 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.
-Centro de transformación de intemperie de Neda de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
-Rede de baixa tensión de Neda de 1.010 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico
solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado,
que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 1 de febreiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 13/2000Provincia: Lugo
L.M.T., C.T., R.B.T. Boelle-NedaTermo municipal: Corgo
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº m ml m
e monte baixo
3 Varxas Prado Manuel Alonso Álvarez Piñeiro, Quetesende, O Corgo 2 1 130 1.300
4 Varxas Prado
Manuel Trashorras Abel r/ Portiño, 18, Lugo 3 1 34 340
5 Varxas Prado Luis Fernández Reija Quetosende, Piñeiro, O Corgo 3 1 60 600
6 Varxas Labradío Manuel Trashorras Abel r/ Portiño, 18, Lugo 10
12 Batán Labradío Abel Díaz Sal Quetesende, Sta. María 25 250
14 Batán Labradío Amparo Paz Fernández Adai, O Corgo 5 1 36 360
16 Batán Labradío Enrique López Gómez Sta. María de Piñeiro, Quetesende, O Corgo 55 550