Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001 pola que se convoca a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato administrativo de consultoría e asistencia que ten por obxecto a redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, para a construcción dun pavillón polideportivo en Ribadeo (Lugo) e dous máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de construcción dun pavillón polideportivo en Ribadeo, Lugo.

b) Prazo de execución da redacción do proxecto técnico: dous (2) meses.

c) Prazo de execución da dirección de obra: estimado en quince (15) meses.

d) Orzamento base de licitación: catro millóns noventa e tres mil setecentas trinta e cinco pesetas (4.093.735), IVE incluído. Corresponden 2.888.570 pesetas a honorarios de redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde, e 1.205.165 pesetas a honorarios de dirección de obra.

e) Garantía provisional: non se esixe (artigo 35 do texto refundido da Lei de Contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

f) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 37 de igual texto legal).

3. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de construcción dun pavillón polideportivo en San Cibrao, concello de Cervo, Lugo.

b) Prazo de execución da redacción do proxecto técnico: dous (2) meses.

c) Prazo de execución da dirección de obra: estimado en quince (15) meses.

d) Orzamento base de licitación: catro millóns noventa e tres mil setecentas trinta e cinco pesetas (4.093.735), IVE incluído. Corresponden 2.888.570 pesetas a honorarios de redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde, e 1.205.165 pesetas a honorarios de dirección de obra.

e) Garantía provisional: non se esixe (artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

f) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 37 de igual texto legal).

4. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de Construcción de piscina cuberta e climatizada en Bertamiráns, concello de Ames, A Coruña.

b) Prazo de execución da redacción do proxecto técnico: tres (3) meses.

c) Prazo de execución da dirección de obra: estimado en vinte (20) meses.

d) Orzamento base de licitación: dez millóns cento catro mil seiscentas sesenta e seis pesetas (10.104.666), IVE incluído. Corresponden 7.121.004 pesetas a honorarios de redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde, e 2.983.662 pesetas a honorarios de dirección de obra.

e) Garantía provisional: non se esixe (artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

f) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 37 de igual texto legal).

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e

así o fagan constar no sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro. 15890, Santiago de Compostela. Prescricións Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto (5) día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, 15890, Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte