Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de febreiro de 2001 pola que se convoca e se aproban as bases polas que se regula a concesión de axudas para levar a cabo programas de educación familiar que desenvolverán as corporacións locais.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 29, do 9 de febreiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.778, onde di: «existe unha partida orzamentaria de 170.500.000 pesetas», debe dicir: «existe unha partida orzamentaria de 109.330.000 pesetas».