Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de xaneiro de 2001, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 23, do 1 de febreiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina nº 1.253, actividade formativa nº 1: prevención de riscos laborais, no epígrafe destinatarios, onde di:

«a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención primaria. 2º) Traballadores do Sergas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención especializada. 2º) Traballadores do Sergas de atención primaria».

Debe dicir:

«a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Delegados de prevención de atención primaria. 2º) Delegados de prevención de atención especializada. 3º) Outros traballadores do Sergas de atención primaria. 4º) Outros traballadores do Sergas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Delegados de prevención de atención especializada. 2º) Delegados de prevención de atención primaria. 3º) Outros traballadores do Sergas de atención especializada. 4º) Outros traballadores do Sergas de atención primaria».

-Na páxina nº 1.265, actividade formativa nº 44: fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería. Módulo segundo, onde di:

«-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º Auxiliares de enfermería que prestan servicios en unidades de hospitalización. 2º Outros auxiliares de enfermería de atención especializada. 3º Auxiliares de enfermería de atención primaria.

-Datas: 14, 15, 16 de maio».

Debe dicir:

«-Nº de horas por edición: 35.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º Auxiliares de enfermería que prestan servicios en unidades de hospitalización. 2º Outros auxiliares de enfermería

de atención especializada. 3º Auxiliares de enfermería de atención primaria.

Requisito indispensable: ter superado o curso de fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería. Módulo primeiro de iniciación.

-Datas: 14, 15, 16 de maio».