Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.367

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se convocan cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de 15 cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de

usos fitosanitario e gandeiro que se celebrarán de acordo coas seguintes bases:

1. Clase e número de cursos que se vai impartir:

a) 14 cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

b) 1 curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel cualificado.

2. Datos do organismo organizador:

O organismo organizador será o Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal.

3. Obxectivos dos cursos:

Acadar unha formación axeitada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas fitosanitarios ou de uso gandeiro, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos de nivel básico, cualificado ou especial, segundo corresponda, que os capacite para exerce-la actividade de aplicador ou responsable de tratamentos.

4. Destinatarios:

a) Destinatarios: persoal de establecementos e servicios praguicidas, aplicadores, agricultores e público en xeral.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter alomenos 18 anos.

Na selección terán prioridade, sempre que o xustifiquen documentalmente, o persoal de establecementos de venda e o dos almacéns comunitarios e outros almacéns recollidos no artigo 4º, puntos 1.4, 1.5, 1.6, e 1.7 da Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas e se dictan normas para a inscrición nel na Comunidade Autónoma de Galicia, para os cursos de niveis básico e cualificado das letras A e B do anexo III. Para os cursos de nivel básico da letra C do anexo III terán preferencia os solicitantes que estean traballando en instalacións de madeiras con productos fitosanitarios nas que se faga tratamento.

Os solicitantes que non teñan estudios que validen o nivel básico (xustificado documentalmente) terán que ter realizado este nivel, para poder solicita-los cursos de nivel cualificado.

5. Celebración: os centros, lugares e datas de celebración dos cursos figuran no anexo III desta resolución.

Duración e horario:

-Cursos de nivel básico: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

-Cursos de nivel cualificado: 60 horas lectivas distribuídas en 35 horas de clases teóricas e 25 de clases prácticas.

O horario dos cursos será de: 16 a 20 horas de luns a xoves e de 9 a 14 horas do venres.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinador técnico do curso:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso será realizada polo persoal técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal.

8. Solicitudes e inscrición:

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do organismo ou servicio de praguicidas especificando o labor que desenvolve o solicitante nel.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en horario de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancias rematará 15 días naturais antes da data de comezo de cada curso. Para os cursos que se desenvolvan no mes de marzo o prazo rematará tres días antes do seu comezo.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do organismo convocante, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de inscrición, excepto para os cursos que se celebren en marzo, nos que a exposición se realizará o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de instancias.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Rematado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e en caso de superalas expedirase o certificado co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria o carné de manipulador de productos fitosanitarios do nivel cursado, que é o único documento válido para poder exercer-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

Manuel Díaz Cano

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO II

A) Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.

B) Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel cualificado.

1. Os inimigos dos cultivos e os danos que producen.

2. Procedementos de protección dos cultivos.

3. Praguicidas químicos: composición, formulacións.

4. Maquinarias de aplicación de praguicidas: tipos, conservación e regulación.

5. Boas prácticas agrícolas.

6. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

7. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

8. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde.

9. Intoxicacións. Primeiros auxilios.

10. Residuos de praguicidas.

11. Transporte, almacenaxe e distribución.

12. Seguridade Social agraria.

13. Normativa legal.

14. Prácticas da protección fitosanitaria.

15. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 60.

ANEXO III

RELACIÓN DE CURSOS DE APLICADORES/MANIPULADORES DE PRAGUICIDAS

Ano 2001

A) Cursos para establecementos de venda e empresas de tratamentos de productos fitosanitarios, nivel básico:

Centro

Enderezo

Nº de cursos

Datas de celebración

de cada edición

Delegación da Consellería de Agricultura, Gandería e P.A.Ourense219-23 de marzo

Escola Politécnica SuperiorCampus Universitario Lugo126-30 de marzo

Centro de Capacitación AgrariaSergude-Boqueixón

A Coruña

22-6 de abril

16-20 de abril

Centro de Capacitación AgrariaGuísamo-Bergondo

A Coruña

123-27 de abril

Centro de Capacitación AgrariaLourizán

Pontevedra

27-11 de maio

Centro de Capacitación AgrariaVilaframil-Ribadeo

Lugo

118-22 de xuño

B) Cursos para establecementos de venda e empresas de tratamentos de productos fitosanitarios, nivel cualificado:

Centro

Enderezo

Nº de cursos

Datas de celebración

de cada edición

Escola Galega de Administración PúblicaSantiago de Compostela

A Coruña

110-21 de decembro

C) Cursos para aplicadores de productos fitosanitarios no sector da madeira, nivel básico:

Centro

Enderezo

Nº de cursos

Datas de celebración

de cada edición

Centro de Capacitación ForestalLourizán

Pontevedra

13-7 de setembro

Centro de Capacitación AgrariaSergude-Boqueixón

A Coruña

110-14 de setembro

Delegación da Consellería de Agricultura, Gandería e P.A.Ourense117-21 de setembro

Centro de Capacitación AgrariaVilaframil-Ribadeo

Lugo

124-28 de setembro

Centro de Capacitación AgrariaGuísamo-Bergondo

A Coruña

11-5 de outubro