Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.340

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INFORMACIÓN & COMUNICACIÓN LOCAL, S.A.

ANUNCIO para contratación de persoal.

Postos que hai que cubrir:

-Un/ha auxiliar administrativo/a para a súa sede en Santiago de Compostela. Ref.: aux. admin.

Duración do contrato:

-Indefinida.

-Incorporación inmediata.

Requirimentos:

Indispensables:

-Graduado escolar, FPI ou equivalente.

-Galego/castelán.

-Manexo de programas de ordenador (Word, Excell, Access) e Internet.

-Experiencia en postos similares.

Valorables:

-Coñecemento de inglés.

-Capacidade de atención ó público.

Procedemento de selección (*):

-1ª fase: preselección en función do currículo que acreditará os requirimentos indispensables: eliminatoria.

-2ª fase: proba de coñecementos específicos: ata 10 puntos.

-3ª fase: entrevista persoal coa comisión de selección integrada por membros do Consello de Administración: ata 5 puntos.

* A lista de seleccionados en cada fase e as cualificacións obtidas estarán á disposición do público durante os seguintes cinco días laborables, logo da selección definitiva, na sede de Incolsa (Rúa do Vilar, 63).

Interesados enviar por correo certificado con data límite de envío de 15 días laborables despois da aparición deste anuncio no DOG e na prensa local, currículum vitae, con fotografía tamaño carné e documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os méritos achegados a Incolsa, Rúa do Vilar, 63, 15705 Santiago de Compostela. Indicar referencia no sobre.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Presidente do Consello de Administración