Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.252

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POL G3.01 DO CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do trámite de información pública.

A Asemblea Xeral da Xunta de Compensación do POL G3.01 (rúa Marola I) do Concello da Coruña acordou, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de xaneiro do 2001, aprobar inicialmente o proxecto de compensación do POL G3.01, o cal deberá ser sometido a información pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio, mediante notificación persoal ós propietarios con domicilio coñecido e publicación do correspondente anuncio no DOG, en cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente completo atópase exposto no Departamento de Urbanismo do Concello da Coruña (Casa Paredes, avenida da Mariña s/n) e na sede da propia xunta de compensación sita na praza de Pontevedra número 19, piso 5º B da Coruña, onde se poderán presenta-las alegacións correspondentes.

A Coruña, 5 de marzo de 2001.

María del Carmen García Seage

Presidenta