Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.248

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ACORDO conxunto do 1 de marzo de 2001 polo que se fan públicos os temarios que rexerán as probas selectivas de determinadas categorías de persoal laboral das fundacións públicas Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital da Barbanza.

O Decreto 229/1997, do 25 de agosto, establece o modelo de xestión e administración dos hospitais Virxe da Xunqueira e Barbanza, e co fin de poder seleccionar determinadas prazas vacantes dos referidos hospitais, garantindo os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á condición de persoal laboral das fundacións públicas Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital da Barbanza, procédese con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, a dar público coñecemento dos temarios que rexerán na fase de oposición do proceso selectivo das categorías de ATS/DUE, fisioterapeutas, técnicos especialistas de laboratorio, técnicos especialistas de radiodiagnóstico, auxiliares de enfermería, matronas e persoal de servicios xerais.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

José Rey AneirosBlanca García Varela

Director da Fundación PúblicaDirectora da Fundación Pública

Hospital Virxe da XunqueiraHospital da Barbanza

ANEXO I

AXUDANTE TÉCNICO SANITARIO/DIPLOMADO UNIVERSITARIO

EN ENFERMERÍA

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario. Ética nos coidados de enfermería. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada. Confidencialidade da información.

Tema IV. Investigación en enfermería. Métodos: técnicas cuantitativas e cualitativas. Investigación de coidados enfermeiros. Estructura metodolóxica dun traballo científico. Estatística sanitaria.

Tema V. Tendencias, diagnósticos e modelos máis utilizados nos coidados de enfermería. Elaboración dun plan de coidados de enfermería en atención especializada. Execución do plan. Avaliación.

Tema VI. Rexistro de Actividades de Enfermería. Guías de uso e manexo da historia de enfermería. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais. Sistemas, metodoloxía. O informe de enfermería á alta. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema VII. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas respiratorios. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema VIII. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas cardiocirculatorios. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema IX. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas no sistema renal e urinario. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema X. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas no sistema músculo-esquelético. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema XI. Valoración e coidados de enfermería no puerperio, no neonato san e patolóxico. Lactación natural e artificial. Educación ó paciente e á familia.

Tema XII. Actuación de enfermería ante politraumatismos, traumatismo cranioencefálico, parada cardiorespiratoria, shock, hemorraxias e feridas.

Tema XIII. Valoración e coidados de enfermería en pacientes pre, intra e poscirúrxicos. Quirófano e sala de reanimación.

Tema XIV. Atención de enfermería ó ancián. As enfermidades no transcurso da vellez. Papel da enfermeira ante a hospitalización do ancián.

Tema XV. Atención de enfermería ó paciente terminal hospitalizado. Coidados paliativos do enfermo terminal. Apoio ós familiares fronte á dor e á dor e á morte.

Tema XVI. Medicamentos: formas de clasificación e vías de administración. Elección correcta da punción por vía parenteral. Dosificación. Procedementos e coidados. Absorción e distribución de fármacos: toxicidade e efectos secundarios. Condicións de conservación dos medicamentos.

Tema XVII. Concepto de desinfección e esterilización. Métodos é técnicas. Prevención e control da infección hospitalaria. Fontes comúns de infección, modos de transmisión nos hospitais e métodos de prevención.

Tema XVIII. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

Tema IXX. Técnicas de mobilización de pacientes. Cambios posturais. Ergonomía.

ANEXO II

FISIOTERAPEUTAS

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito a asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario. Ética nos coidados de fisioterapia. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada. Confidencialidade da información.

Tema IV. Investigación en fisioterapia. Métodos: técnicas cuantitativas e cualitativas. Investigación de coidados de fisioterapia. Estructura metodolóxica dun traballo científico. Estatística sanitaria.

Tema V. Metodoloxía de intervención en fisioterapia: valoración fisioterápica, historia clínica e rexistro de actividades.

Tema VI. Protocolorización de intervencións en fisiterapia. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais: sistemas, metodoloxía. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema VII. Cinesioloxía.

Tema VIII. Cinesiterapia. A facilitación neuromuscular propioceptiva: método Kabat.

Tema IX. Mecanoterapia.

Tema X. Masoterapia.

Tema XI. Termoterapia e crioterapia.

Tema XII. Electroterapia.

Tema XIII. Ultrasonoterapia. Fototerapia. Laserterapia. Hidroterapia.

Tema XIV. Fisioterapia cardiovascular e respiratoria.

Tema XV. Fisioterapia traumatolóxica, reumatolóxica e musculoesquelética.

Tema XVI. Fisioterapia do sistema nervioso central.

Tema XVII. Fisioterapia na terceira idade.

Tema XVIII. Ergonomía.

ANEXO III

TÉCNICOS ESPECIALISTAS DE LABORATORIO

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito a asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario. Ética no traballo dos técnicos de laboratorio. Confidencialidade da información.

Tema IV. Concepto de desinfección e esterilización. Métodos e técnicas. Prevención e control da infección hospitalaria. Fontes comúns de infección, métodos de transmisión nos hospitais e métodos de prevención.

Tema V. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento. Normas de seguridade no manexo de mostras biolóxicas, equipos e radiactivos. Prevención e tratamento de riscos micribiolóxicos, físicos, químicos, e de radiacións ionizantes.

Tema VI. Transporte e manexo de mostras clínicas periféricas. Principios básicos na toma de mostras. Recomendacións ós pacientes segundo a técnica.

Tema VII. Urina. Análise e as súas etapas. Determinacións químicas.

Tema VIII. Estudio de feces: dixestión, sangue oculto e corpos reductores.

Tema IX. Gasometría arterial. Bases fisiolóxicas básicas, valores críticos e interpretación.

Tema X. Grupos sanguíneos. Realización técnica e interpretación. Compatibilidade sanguínea. Fases de lectura e interpretación. Técnica da antiglobulina humana (Coombs directo).

Tema XI. Coagulación: realización técnica. Medición do tempo de protrombina. Tromboplastina parcial activada e fibrinóxeno.

Tema XII. Fórmula leucocitaria sanguínea: diferenciación celular e reconto. Alteracións morfolóxicas das hemacías. Estudio por microscopía óptica de reticulocitos.

Tema XIII. Perfil hormonal: eixes tiroideo, gonadal e adrenal.

Tema XIV. Diagnóstico serolóxico. Principios, técnicas e utilidade.

Tema XV. Marcadores bioquímicos da enfermidade isquémica cardíaca. Principais marcadores tumorais. Estudios básicos de autoinmunidade.

Tema XVI. técnicas de cultivo e illamento de patóxenos viables. Métodos de identificación bacteriana. Métodos de eficacia antimicrobiana.

Tema XVII. Líquidos biolóxicos. Citoloxía e bioquímica.

ANEXO IV

TÉCNICOS ESPECIALISTAS DE RADIODIAGNÓSTICO

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Decreto de garantía de calidade en radioloxía.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito a asistencia sanitaria.

Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario. Ética no traballo dos técnicos de radioloxía. Confidencialidade da información.

Tema IV. Bases da técnica radiolóxica. Propiedades dos raios X. Concepto de radiodiagnóstico. Medidas preventivas para a dosificación da radiación.

Tema V. O tubo de raios X. Foco efectivo e foco real. Carga máxima admisible. Dosimetría de radiacións ionizantes. Factores de exposición. Exposímetros automáticos.

Tema VI. A película radiográfica: estructura e clases. Conceptos de nitidez, densidade, hiperlucencia e radiopacidade. Revelado e fixado de película radiográfica. Tipos de reveladores. Revelado automático.

Tema VII. Contrastes radiolóxicos. Tipos, indicacións, precaucións xerais na súa utilización.

Tema VIII. Protección operacional nas distintas unidades. Clasificación de zonas (sinalización e normas xerais). Barreiras, dispositivos e roupa de protección.

Tema IX. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento. Normas de seguridade no manexo de mostras biolóxicas, equipos e radiactivos. Prevención e tratamento de riscos biolóxicos, físicos, químicos e de radiacións ionizantes.

Tema X. Exploración radiolóxica das fracturas nas extremidades. O paciente politraumatizado, prioridades de exploración.

Tema XI. Radioloxía do cranio. Proxeccións básicas. Valor das placas simples no diagnóstico das fracturas craniais. Radioloxía de tórax: métodos e técnicas para o seu estudio.

Tema XII. Exploracións do aparello xénito-urinario. Técnicas e métodos.

Tema XIII. Estudio radiolóxico de tracto dixestivo. Técnicas, indicacións e utilidade.

Tema XIV. Ecografía. Concepto, principios físicos, indicacións e utilidade diagnóstica.

Tema XV. Mamografía. Concepto, principios físicos, indicacións e utilidade diagnóstica.

Tema XVI. Tomografía convencional e tomografía computerizada. Bases físicas, utilidade e indicacións.

Tema XVII. Resonancia magnética nuclear. Fundamentos físicos, utilidade e indicacións.

Tema XVIII. Concepto de imaxe analóxica e imaxe digital.

ANEXO V

ATS/DUES ESPECIALISTAS EN OBSTETRICIA E XINECOLOXÍA (MATRONAS)

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios de sis

tema sanitario público. Aspectos ético-legais na interrupción do embarazo. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada. Confidencialidade da información.

Tema IV. Investigación en enfermería obstétrico-xinecolóxica. Métodos: técnicas cuantitativas e cualitativas. Investigación de coidados enfermeiros. Estructura metodolóxica dun traballo científico. Estatística sanitaria.

Tema V. Tendencias e modelos máis utilizados nos coidados de enfermería obstétrico-xinecolóxicos. Elaboración dun plan de coidados en atención especializada. Execución do plan. Avaliación.

Tema VI. Rexistro de actividades de enfermería obstétrico-xinecolóxicas. Guías de uso e manexo da historía clínica. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais: sistemas, metodoloxía. O informe de enfermería á alta. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema VII. Educación para a saúde da muller. Deseño, implantación, seguimento e avaliación de programas de educación para a saúde da muller. Implicación da muller na educación para a saúde nas distintas idades. Sistemas de educación e información na educación para a saúde.

Tema VIII. Valoración e coidados da muller xestante. Procedementos e técnicas máis usuais. Orientación e planificación de autocoidados no embarazo.

Tema IX. Complicacións do embarazo. Prevención de infeccións, inmunización, enfermidades de transmisión sexual.

Tema X. Embarazo de alto risco. Situacións de risco. Orientación para os autocoidados. Patoloxías e factores de risco máis frecuentes no embarazo.

Tema XI. Proceso de valoración obstétrico-xinecológica durante o parto. Etapas. Continuidade de coidados. Farmacoterapia.

Tema XII. Complicacións no parto. Valoración e actuación. Parto múltiple. Situacións de emerxencia: descrición, valoración e actuación.

Tema XIII. Puerperio: concepto e duración. Coidados integrais nai-neonato. Orientacións para os autocoidados no puerperio. Patoloxías do puerperio. Sistema de control e seguimento do puerperio.

Tema XIV. Valoración inicial e coidados iniciais do neonato. Rexistros. Orientación para os pais sobre os seus coidados. Psicomotricidade: valoración básica. Neonato de risco.

Tema XV. Lactación natural e artificial. Información e orientación para as nais sobre a lactación.

Tema XVI. Planificación familiar: definición, elaboración, implantación e avaliación de programas. Anticoncepción. Infertilidade e esterilidade. Sexualidade nas etapas do ciclo vital. Deseño e desenvolvemento de programas de educación sexual.

Tema XVII. Coidados de enfermería obstétricos-xinecolóxicos na muller con problemas xinecolóxicos. Prevención do cancro xinecolóxico e da mama. Enfermidades do colo uterino. O cancro do colo uterino. Consello xenético.

Tema XVIII. Concepto de hixiene hospitalaria. Antisépticos, desinfectantes, esterilización. Papel da matrona na infección nosocomial: medidas preventivas. Illamentos hospitalarios.

ANEXO VI

AUXILIARES DE ENFERMERÍA

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito a asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario. Ética nos coidados de enfermería. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada. Confidencialidade da información.

Tema IV. Funcionamento das institucións sanitarias: servicio de documentación clínica hospitalaria. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Función do rexistro e do arquivo. Clases de arquivos. Entrada en arquivo, saída e devolucións. Recepción e transmisión de mensaxes e documentos.

Tema V. Necesidades humanas. Coidados de enfermería. Necesidades básicas segundo V. Henderson. Educación para a saúde.

Tema VI. Concepto de desinfección e esterilización. Métodos e técnicas. Prevención e control da infección hospitalaria. Fontes comúns de infección, modos de transmisión nos hospitais e métodos de prevención.

Tema VII. Pautas de hixiene e aseo nos distintos tipos de pacientes nun centro hospitalario. Hixiene no medio hospitalario. Técnicas de hixiene do persoal sanitario.

Tema VIII. Métodos terapeúticos. Vías de administración. Aplicación local de frío e calor. Principios dietéticos.

Tema IX. Atención as necesidades de osixenación. Osixenoterapia e aerosolterapia. Precaucións e coidados.

Tema X. Atención ás necesidades de eliminación: intestinal e urinaria. Conceptos. Procedemento e coidados na recollida de mostras.

Tema XI. Atención ás necesidade de inmobilización, repouso e exercicio. Cambios posturais. Técnicas de mobilización do enfermo encamado. Diferentes procedementos de preparación das camas hospitalarias.

Tema XII. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

Tema XIII. Primeiros auxilios: criterios de urxencia e prioridade, reanimación cardiopulmonar, traumatismos, feridas, queimaduras, hemorraxias, fracturas.

Tema XIV. Coidados de saúde na muller xestante. Alimentación, hixiene. Atención ó neonato e lactante: hixiene, alimentación, lactación materna e artificial. Atención a familia.

ANEXO VII

PERSOAL DE SERVICIOS XERAIS

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Afiliación dos traballadores: altas e baixas. A cotización: suxeitos obrigados. A incapacidade laboral transitoria. Conceptos e causas. Os partes de baixa, alta e confirmación. Prestación económica e duración do subsidio. A invalidez provisional: duración e prestacións.

Tema III. Contabilidade financiera e orzamentaria. Ideas básicas e xerais. Adaptación de Plan Xeral de Contabilidade ás entidades non lucrativas, R.D. 776/1998. A función da Tesourería nas Fundacións Públicas Sanitarias.

Tema IV. A contratación nas Fundacións Públicas Sanitarias. A Lei 10/1996 de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia. Contratación de persoal. Contratación de subministracións. Inventario de bens. Xestión de almacéns.

Tema V. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema VI. A tarxeta sanitaria, Obxetivos específicos. Definición dos compoñentes básicos do sistema da tarxeta na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema VII. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público.

Tema VIII. Hixiene e seguridade nas institucións sanitarias. Hixiene e benestar dos pacientes. A Lei de prevención de riscos laborais.

Tema IX. Coñecementos básicos dos utensilios, mobiliario e obxectos das institucións sanitarias: coidados e conservación.

Tema X. Concepto de información e comunicación, dieferencias. Tipos de comunicación: oral, telefónica. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente.

Tema XI. Funcionamento das institucións sanitarias: servicio de documentación clínica hospitalaria. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Función do rexistro e do arquivo. Clases de arquivos. Entrada en arquivo, saída e devolucións. Recepción e transmisión de mensaxes e documentos.

Tema XII. Conceptos informáticos básicos: hardware, software. Sistemas operativos: MS-DOS: concepto, comandos básicos. Programas de aplicación.

Tema XIII. Sistemas operativos: Windows. Conceptos xerais, administrador de impresión. Explorador de Windows.

Tema XIV. Ferramentas ofimáticas de uso común na fundación: procesador de texto (Word), base de datos (Access) e follas de cálculo (Excel).