Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da fachada marítima do Seixo.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle da fronte da fachada marítima do Seixo, redactada polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro, de decembro 2000.

2. Que se proceda á publicación do presente acordo no DOG e no BOP nos termos establecidos no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como ó cumprimento do disposto no nº 3 do citado artigo.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Mugardos, 28 de febreiro de 2001.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde