Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 8 de febreiro de 2001, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se notifica a proposta do expediente sancionador PESAN1 2000/001212-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se citan, a proposta dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15, 1º.

Nº de expediente: PESAN1 2000/001212-5.

Denunciado: Joaquín Mouriño Santiago.

DNI: 35.271.828.

Enderezo: barriada de Pescadores, 3, Marín.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2001.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra