Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.216

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e presentaranse no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 25 de marzo.

Terceira.-Selección.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos esixidos para cada curso no anexo I. En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asitencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: dirección e xestión da actividade pesqueira.

1. Obxectivos:

Construír un sistema formativo que achegue a cualificación necesaria ó persoal funcionario e contratado que presta servicios de xestión administrativa e información, nas confrarías de pescadores do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Destinatarios:

Persoal das confrarías de pescadores dos grupos A, B, C e D.

3. Desenvolvemento:

3.1. Número de edicións: 5.

3.2. Duración de cada curso: 60 horas lectivas.

3.3. Lugar de realización e data de comezo:

-Vigo: 2 de abril.

-Vilaxoán: 9 de abril.

-Ribeira: 16 de abril.

-A Coruña: 23 de abril.

-Celeiro: 30 de abril.

3.4. Horario: de 9 a 14 horas, luns e martes.

3.5. Número de prazas: 20 por edición.

4. Contido:

O fomento da pesca responsable. A organización. Trámites e requisitos administrativos. Proxectos da Consellería de Pesca. Visita a Viana Pesca.

* Curso: supervisor de operacións con productos pesqueiros frescos.

1. Obxectivos:

Construír un sistema formativo que achegue a cualificación necesaria ó persoal funcionario e contratado que presta servicios de xestión administrativa e información, nas confrarías de pescadores do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Destinatarios:

Persoal das confrarías de pescadores do grupo E.

3. Desenvolvemento:

3.1. Número de edicións: 4.

3.2. Duración de cada curso: 39 horas lectivas.

3.3. Lugar de realización e data de comezo:

-Marín: 16 de abril.

-Illa de Arousa: 23 de abril.

-Muxía: 30 de abril.

-Burela: 7 de maio.

3.4. Horario: de 9 a 13 horas, luns e sabados.

3.5. Número de prazas: 20 por edición.

5. Contido:

A garantía da calidade. Control da materia prima. Novos productos. Recordatorio do nivel 1º de FRESHPESCA. Novos métodos de conservación. Envases. Organización da lonxa. Outras instalacións. Zona de manipulación post-venda. Preparación do peixe para a súa comercialización (fileteado, torado, colocación...). O sistema APPCC. Deseño básico dun plan APPCC. Aplicación do plan APPCC.