Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.188

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 5 de xaneiro de 2001 da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

Advertida omisión no devandito anuncio, publicado no DOG nº 25, do 5 de febreiro de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 1.480, despois da sinatura hai que engadi-lo seguinte:

ANEXO I

PROFESOR DE PRÁCTICAS DE COCIÑA

Proba de coñecementos.

1. Equipamento e maquinaria en cociña.

2. Tratamento dos alimentos.

3. Fondos e mollos.

4. Métodos de cocción.

5. Hixiene en cociña.

6. Organización do traballo e a brigada de cociña.

7. Elaboración e planificación de menús e cartas.

8. Recepción de mercadorías e almacenaxe.

9. Xestión de stocks.

10. Control de custos en cociña e fixación de prezo de venda.