Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 29 de xaneiro de 2001, acordou someter a información pública o proxecto de compensación de propietario único da unidade de xestión número 17 (UX-17) do Plan Xeral de Ordenación Urbana, formulado por Contrafolla e Rella, S.L.

A delimitación da correspondente unidade de actuación, aprobada definitivamente pola Comisión de Goberno o día 7 de agosto de 2000, ocupa unha superficie de 3.075,61 m, cos seguintes lindes:

Norte: Avenida da Mestra Victoria Míguez.

Sur: parque infantil de Vidán e terreos anexos á casa número 14 de José González Goris.

Leste: naves de Gaseosas Espiña, S.L.

Oeste: nave da ferraxería Hijos de C. Villaverde, terreos anexos a esta, e campo da feira da Igrexa do Divino Salvador de Vidán.

De conformidade co disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo