Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001 pola que se convoca a contratación, en réxime de concesión, mediante concurso aberto e con trámite de urxencia, do servicio de cafetería e comedor no edificio da sede da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

2. Obxecto do contrato: servicio de cafetería e comedor no edificio da sede da AGS.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon: 600.000 pesetas anuais.

5. Garantías.

a) Provisional: 500.000 pesetas.

b) Definitiva: 1.000.000 de pesetas.

c) Complementaria: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da AGS en horario de 9 ás 14 horas ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

c) Lugar de presentación.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

9. Apertura de ofertas económicas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade: A Estrada.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: trece trinta (13.30) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 2 de marzo de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade