Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 151 e 178/2000.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase a seguir:

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa máxima

Carlos García Souto01173745LU-E 151/2000Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Porta de Cima, 37, Vilalba15.000 pesetas

Carlos García Souto01173745LU-E 178/2000Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Porta de Cima, 37, Vilalba25.000 pesetas

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 30 de xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo