Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/330-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. San Andrés.

Situación: Porto do Son.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,25 km, con orixe na L.M.T.S. C.T. Portosín-C.T. Coira (expte 52668), conductor tipo R.H.V., e final na mesma liña unha vez entre a saia do C.T. proxectado. Centro de transformación pre

fabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña