Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/164-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico de Castelo e final no módulo de interconexións nas inmediacións do apoio nº 219 da liña Santa Comba-Carballo, nos termos municipais de Coristanco e Santa Comba (expte. nº 164/2000), por resolución desta delegación provincial do 15 de xaneiro de 2001 a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., con enderezo na rúa Betanzos, nº 1-1º esq., 15004 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 19 de abril de 2001 a partir das 11 horas nas oficinas da Casa do Concello de Coristanco, e o día 20 do mesmo mes e ano a partir das 10.30 horas nas de Santa Comba, para o levantamento das actas previas á ocupación, sen prexuízo de desprazarse ós predios, de conformidade cos arts. 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 1956 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios anexa, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia de data 3 de outubro de 2000, excluídos os mutuos acordos logrados; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles as referidas datas e horarios para as súas comparecencias nas oficinas das referidas casas do concello.

Os interesados poden facerse acompañar dos seus peritos e dun notario.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 21 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 00/164-1

Denominación: L.A.T. aérea 66 kV subestación parque eólico de Castelo-Módulo de interconexión L.A.T. 66 kV Carballo-Santa Comba.

Provincia: A Coruña.Termo municipal: Coristanco.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

9CanadoiraM. baixo e m. altoRamón Fondo MouroTavesas CP 15850 Santa Comba18552

25CanadoiraM. baixoCelestino Pensado GarcíaMira CP 15147 Coristanco9274

31CanadoiraPlantación eucaliptosCelestino Pensado PenaMira CP 15147 Coristanco8272

49Mato VelloPlantación eucaliptosBenedicta Carnota MéndezOrdoeste Rial, nº 9; CP 15863 A Baña3.416

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 00/164-1

Denominación: L.A.T. aérea 66 kV subestación parque eólico de Castelo-Módulo de interconexión L.A.T. 66 kV Carballo-Santa Comba.

Provincia: A Coruña.Termo municipal: Santa Comba.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3A LagoaM. baixoSara Souto VeloCastriz-Santa Comba

CP 15840

702.063

4A LagoaEiralJesús Souto CalvoSan Salvador, Castriz;

CP 15840 Santa Comba

/ 16731.492

9/1A LagoaM. baixoCarmen Souto VeloCastriz-Santa Comba

CP 15840

1720841

15A LagoaM. baixoComunal de Santa Comba-Concello de Santa CombaPraza do Concello, nº 1;

CP 15840 Santa Comba

1333.307

20/1Os MesosM. baixoJosé Ramón García SoutoCastriz-Santa Comba

CP 15840

22650

21Os MesosM. baixoMaría García SoutoCastriz-Santa Comba

CP 15840

22650

24SangriñeiraPlantación eucaliptosManuel Rial RecareyCastriz-Santa Comba

CP 15840

883.034

26SangriñeiraPradoRamón Álvarez DeusCastriz-Santa Comba

CP 15840

41930