Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T. A Cañiza-Franqueira (concello da Cañiza), a favor da empresa Unión Eléctrica-Distribución, S.A. (Expediente 202/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de refe

rencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 13 de abril de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 20 de marzo de 2001, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio da Cañiza, sinalados cos números:

Predios: 1-18.

Hora: 10.

Día: 20-3-2001.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 2 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/202Concello: A Cañiza.

Denominación: L.M.T. A Cañiza-Franqueira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Veiga de ArribaMonte baixoRepresenta: Pta.: Sara Gil Castillo

Comunidade de Veciños de Paradas

62042.036

5Veiga de ArribaLabradíoJuan Rdez. ParamésFolgoso s/n

36889-Parada de Achas-A Cañiza

7272

9Fonte XesteiraMonte baixoRepresenta: Pta.: Sara Gil Castillo

Comunidade de Veciños de Paradas

1361.364

11Porto VelloMonte altoPurificación Blanco BlancoBouza s/n

36887-Parada de Achas-A Cañiza

9203

18Monte ParadaMonte baixoRepresenta: Pta.: Sara Gil Castillo

Comunidade de Veciños de Paradas

41941.944