Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/59-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Agro da Magdalena.

Situación: Ames.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,350 km, con orixe e final intercálase na L.M.T.S. entre os CC.TT. Agro do Medio, 14-Coruxa (expediente 302/1997) e Alto do Milladoiro (expediente 51465) e conductor tipo R.H.V. Centro de transformación Agro da Magdalena, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña