Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/22-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Pintor Carlos Maside.

Situación: Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 263 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z. desde a L.M.T. existente ó C.T. Cabana ata o C.T. que se proxecta na rúa Pintor Carlos Maside, no Concello de Cambados. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra