Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Asociacións de Mariscadores Ría de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Asociacións de Mariscadores ría de Vigo, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: toda a ría de Vigo.

Profesional: tódalas asociacións constituídas e legalizadas e confrarías de mariscadores que se dediquen á actividade extractiva e de comercialización na primeira fase dos mariscos, así como dos productos propios das súas capturas.

Asinan a acta de constitución: Consuelo Vilán Carbajal e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 8 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill.

Delegado provincial de Pontevedra