Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 231/1999).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que

se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proxecto do tramo subterráneo entre os apoios nº 11 e nº 14 da L.A.T. 66 kV. Padrón-Finsa (Padrón).

Modificado 1 á liña eléctrica subterránea de alta tensión a 66 kV, que se vai instalar entre os apoios nº 14, existente, e nº 11-bis, que se vai instalar na L.A.T. 66 kV. Padrón-Finsa, constituída por un apoio metálico para paso aéreo-subterráneo nº 11-bis e conductor subterráneo R.H.E. 33/66 kV de 3(1x630) mm Al, de 421,3 m de lonxitude, que discorre por predios que se van expropiar nº 2 e 7, cruzamento da estrada Padrón-Pontecesures, pista asfaltada, travesía de Feira, rúa Mollet do Vallés e pista asfaltada contigua ó matadoiro municipal e final no actual apoio nº 14, no termo municipal de Padrón.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 5 de xaneiro de 2001 e no BOP do 21 de decembro de 2000, no xornal La Voz de Galicia do día 4-12-2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Padrón, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións consideradas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do

día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 1 de marzo de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións