Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/326-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Romero Donallo, 86.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV cunha lonxitude de 0,03 km, con orixe na L.M.T.S. C.T. Xuana Nogueira-C.T. Talleres Castro (expediente 19274) conductor tipo R.H.V., e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña