Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 5 de febreiro de 2001, acordou aprobar definitivamente a delimitación do polígono 5 do Plan parcial das Fontiñas, adoptando como sistema de actuación o de compensación de propietario único.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno tamén aprobou o proxecto de compensación do polígono 5 do Plan parcial das Fontiñas.

Contra os citados acordos poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposi

ción ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo