Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia C2000/9).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Referencia: C2000/9.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa do soto do mercado de San Agustín con destino a supermercado. Duración da concesión: para fixar polos concursantes nas súas ofertas e sen exceder dun máximo de vintecinco anos, este prazo terá carácter improrrogable.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon mínimo que hai que satisfacer:

Canon inicial: 20.000.000 de pesetas (120.202,42 euros).

Canon mensual: 600.000 pesetas (3.606,07 euros) revisables tódolos anos de acordo co IPC.

5. Garantía provisional: 500.000 pesetas (3.005,06 euros).

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 28 de febreiro de 2001.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente-alcalde delegado de Contratación