Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/10-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. e C.T. Currelo.

Situación: Arbo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 229 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio nº 4 da L.M.T. ó C.T. Currelo ata o apoio nº 6 da mesma liña, colocando o C.T. que se proxecta no apoio nº 8 existente da mesma liña, no concello de Arbo. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra