Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Justo Martínez-Igrexa.
Situación: A Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Igrexa ata o C.T. que se proxecta na rúa Justo Martínez, no concello da Estrada. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 275 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra