O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, oficio no que se lle comunicaba a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo tramitado como procedemento ordinario 147/2000 4, interposto por Prudencio Moure López, contra denegación de subvención consistente en subsidiación ó tipo de xuro solicitada ó abeiro da resolución do Igape do 27 de maio de 1997 (DOG nº 113, do 15 de xuño) pola que se fai público o convenio de apoio financeiro ós investimentos das Pemes financiado mediante contratos de arrendamento financeiro subscrito entre o Igape e as entidades de crédito.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto nos artigos 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de 9 días contados desde o seguinte ó da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica