Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. dos Bosques.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, cunha lonxitude de 0,14 km, con orixe na L.M.T. subterránea existente a C.T. Balneario, conductor tipo R.H.V. e final no C.T.C. proxectado na avda. dos Bosques de Arteixo. Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación 15.000/380-220 V. Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña