Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Ladar, A Goleta e Seixós, no concello de Monterroso. (Expediente 16/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública, se presentaron as seguintes alegacións:

1º María Jesús López Vázquez, que se opón ó trazado da liña por considerar que o dito trazado se proxecta a menor distancia da esixida pola lei, do pazo coñecido por Casa Grande de Seixós, relacionado no Inventario do Patrimonio Histórico Artístico publicado no DOG nº 133, do 12-7-1991 e propiedade da alegante, segundo manifesta no seu escrito. Así mesmo advirte que se proxecta un apoio da liña no centro aproximado do predio da súa propiedade, identificado co número 8 dos afectados polo tramo que remata no C.T. de Ladar, o que ocasionaría un grave prexuízo ó dito predio, que se evitaría trasladando a liña e o seu apoio ós lindes desta, o máis lonxe posible do pazo.

2º Considerando que tales alegacións, vista a contestación a estas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non deben ser tidas en conta polas seguintes razóns:

1º Porque o artigo 30.2º das normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia de Lugo, publicadas no DOG nº 133, do 12-7-1991, non prohíbe a realización de instalacións eléctricas a menos de 100 metros dos elementos protexidos nas ditas normas, neste caso a Casa Grande de Seixós, senón que esixe informe previo da Comisión Provincial de Patrimonio.

2º Neste sentido, achegouse a correspondente separata, na que se reflectía o trazado proxectado da liña á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co fin de que se solicitara o corres

pondente informe da Comisión Territorial do Patrominio Histórico de Lugo.

3º A dita comisión territorial resolvía autorizar, no ámbito das súas competencias, a instalación da liña eléctrica proposta.

4º Que a modificación do trazado da liña proposta pola alegante incumpre as condicións establecidas no artigo 26 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, xa que a variación do trazado proposto é superior en lonxitude ó 10 por 100 da parte da liña afectada pola dita variación que, segundo o proxecto, transcorre pola propiedade da alegante.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de San Breixo e remate no C.T. de Seixós, de 467 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de Seixós e remate no C.T. de Ladar, de 799 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

3. Centro de transformación aéreo de intemperie de Seixós de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación aéreo de intemperie de Ladar de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Rede de baixa tensión aérea de Seixós, de 370 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea de Ladar e A Goleta, de 1.035 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias esta

blecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución e os seus anexos, asinados todos eles polo enxeñeiro técnico industrial José María Fernández Rey e visados polo COETI da Coruña nas datas 10-6-1998, 4-11-1999 e 1-6-2000 respectivamente, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 30 de xuño de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso do 27 de xullo de 2000, Diario Oficial de Galicia do 29 de agosto de 2000 e BOP de Lugo do 12 de agosto de 2000, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Monterroso. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 24 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo