Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación do servicio de atención telefónica ós cidadáns a través do teléfono 010.

1. Entidade adxudicadora.-Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Participación Cidadá; nº de expediente 3/321.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicios de atención teléfonica ós cidadáns.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 18.000.000 de pesetas/ano. (108.182,18 euros/ano).

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.-Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría a.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.-Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 10-4 do prego de condicións administrativas.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 16 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde