Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dun servicio de limpeza das dependencias da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (C-51/2001).

1. Obxecto e orzamento: contratación pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dun servicio de limpeza das dependencias da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, por un importe máximo de 14.000.000 de pesetas (IVE incluído), equivalente a 84.141,69 euros.

2. Solvencia económica e financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: 2 anos.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (no ático da ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos