Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/56-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. 13 de Setembro.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: ramal de L.M.T.S. a 20 kV de 20 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. de C.T. Santa Irene a avda. de Galicia e final no C.T. interior de 1.000 kVA na avda. 13 de Setembro. Concello de Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña