Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Benito Viceto.
Situación: Culleredo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 270 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV 95 mm Al, que parte do apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. Corbeira e final no C.T. prefabricado de 400 kVA na r/ Benito Viceto. Concello de Culleredo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña