Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/249-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. e R.B.T.A. r/ Ponzos, 32.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 283 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea A Faísca e final no C.T. Ponzos, que se vai instalar. Centro de transformación en planta baixa de edificio, na rúa Ponzos, 32, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede aérea sobre apoio formigón e conductor R.Z. de 30 m e rede subterránea de 10 m en conductor R.V. que se conectan a redes existentes. Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña